lunes, 10 de diciembre de 2012

Cousas dos mouros na Faladoira

 Ola de novo. Este blog tentaba nun principo ser un vehículo para mostrar as cousas desta terra que eu vou descubrindo ou redescubrindo. Case sempre co filtro da cámara por medio e un sinfín de sentires. Mais unhas doenzas tiveronme alonxado dos meus estimados paseo durante un tempo. Foi entón cando estás páxinas me pedían outra cousa, falar un pouco máis de min, dos meus adentros. E eu dinlle a este blog o que me pedía. Así tentarei que sexa sempre. Con esta entrada volvo a falar dos lugares, volvo a falar da terra, pero sigo a falar de min tamén, sigo a falar de todos nós.
 Nesta semana fun en dúas ocasións á serra da Faladoira, completamente descoñecida para min ata agora. aínda non entendo porqué. Non entendo como nos tempos de hoxe tan amigos que somos de viaxar que téñamos ahí ó lado semellantes lugares, paisaxes e patrimonio e que estén tan esquecidos. Énchesenos a boca falando do Caurel, esbardallando dos Ancares e mentindo sobre O Cebreiro. E cando nos preguntan pola Coriscada, pola Faladoira, polo Xistral, respostamos sin vergoña que nunca alí estivemos. Isto vai cambiar pola miña parte. Non me vou de viaxe a ningún lado ata coñecer o meu redor. As fotos desta entrada non lle  fan xustiza á beleza que eu vin. Pero a cámara anda medio fodida desde que caeu ó río na fervenza do Casón, ou da Cruz, mellor dito, como ben me corrixeu Lino. Pois dende aquela ando trampeando, recortando as fotos onde se ven as manchas que ten no sensor, abrindo todo o que poido o diafragma pa que se noten menos... Trapalladas de aficionados! desta semana non pasa sin levala a que lle fagan unha limpeza.



 Ó asunto. Este día chamoume Raúl pa ir a ver unhas mámoas. E aló fumos! estas fotos son do forno dos mouros, xa anoitecía, mais non por iso lle restaba fermosura ó monumento. Podedes ver o tamaño dos esteos, verdadeiros megalitos. Por hoxe máis nada. Boas noites.