domingo, 13 de enero de 2013

Ás beiras do Sor

 Onte foi día de andar o Sor, ese río e as súas beiras que tanto me gustan. Xa fai tempo que o coñezo gracias a José Carlos (Piñeiro, pa algúnhos) cando íamos aos refuxios a facer comiolas. Moito temos comido! e bebido dabondo! e cantado! e moito rimos! Na taberna de Urbano tamén foron testigos nalgunha ocasión  daquelas improvisadas festas.
 Onte tiven moi boa compaña, ademáis da sempre presente cadela. Chegando a Ponte Segade chamounos a atención unha gran casa en obra, case a punto de rematar a restauración.

 Dúas pías derriba dun muro fixéronme deter o coche. Cando andábamos a curiosear e especular con unhas inscricións que había nos cargadoiros de dúas portas asomouse primeiro unha rapaza a preguntar que facíamos, e logo saleu da casa un rapaz. Un rapaz da vila, de Cedeira vaia. Era Rafa, o fillo de Venucha e Quique. 




 Rafa, con gran amabilidade, fixo de anfitrión e mostrounos a casa. Aproveitamos que caía auga a chuzos para gozar daquela fermosa casa. Contounos que fora dun bispo e que máis tarde pasara á súa familia. E tamén que levaba ano e medio traballando duro no proxecto de amañala para adicala ó turismo rural. Sorte na empresa Rafa!
 De tanto falar de pedras con Raúl e Fátima, case quedo eu convertido en pelouro cando vin unha pedra chantada alí ó pé da eira. Mais Rafa despertoume do meu sono arqueolóxico explicando que a mandaran eles poñer alí facendo de menhir. E máis fixéronlle un reloxio de sol.
Así e todo queda pendente de resolver a orixe de dous maceteiros antropomórficos. Non é o primeiro que vexo que veu daí da parte de Mañón. Aí tedes a foto dun.
 En vista do que chovía pensamos en comer algo a cuberto á espera da alivada. Rafa falounos de que na taberna de Ponte Segade sempre están a punto de fretirche unhas patacas con chourizo e ovos da casa. P'aló fumos!!
Alí estivemos coma na casa. Ó quentiño do lume con unha comida humilde, sabedora e farturenta. E unhos freixós ós que nos convidaron. Cando rematamos aínda pingaba, pero valentes que somos tiramos cara o refuxio de Salustio.
 Polo camiño, a maxia da auga. A auga que limpa, que purifica, que tonifica, que relaxa, que empapa de vida!


 E chegando ó refuxio do muíño de Salustio, alí está! a fermosa carballeira. Calquer tempo é bon pa visitar este río, pero eu nunca o vin lucindo tanto com onte. Ocres, marróns, bermellos, granates, laranxas, verdes, azuis e cores que nunca vira! Vaia paleta!
 Din que os liques se dan onde o aire é moi puro, iso precisan para crearse. Pois aquí envolven as árbores ata facelas desaparcecer.
 E que me decides do musgo? Cando neno recordo unha película de vaqueiros na que se orientaban polo musgo nas árbores, xa que medraba na cara norte. Aquí medra todo derredor! claro! Galicia é o Norte!
No refuxio de Salustio comenzou a chover forte de novo e fixemos unha parada na que aproveitamos para parolar cara a cara, porque de falar non paramos en todo o día! Falamos disto, daquilo, deste, daquela... falamos de máis, quizaves?
Seguimos ata fonte Cubelas, e aínda chegamos ata a ponte de madeira. Mais xa comenzaba anoitecer e dimos volta. Quedanos chegar a augas caídas pa máis adiante cando os días vaian medrando. Seguíamos a camiñar entre auga e a fraga. Privilexio.
Cando chegamos ó coche xa a noite estaba con nós. Aproveitamos ben. Tratamos de ir tomarlle unha á de Urbano, pero había tanto paisanaxe que a miña compaña entre risas deuse p'atrás. Así que tiramos pó Barqueiro. E alí falamos de moitas cousas antes de ir a dar coas bolas na sartén. Algunhos xa sabedes como me fixen coa receita das bolas na sartén, pero moitos non. E penso que ben merece a pena contalo. Aí vai.
 Pregúntolle a miña nai un día:
- Mamá, como se fan as bolas na sartén?
Ó que ela contesta con un tono casi irritado.
-Como se fan as bolas na sartén?!! e como se han facer?! Na sartén!
-Xa... - contesto eu, asombrado pola súa reacción- pero que levan? con que se fan?
Ela volve a contestar con dous puntos máis de irritación:
-Que levan? e que han levar? auga e sal?
Eu intento saír da situación con retranca:
- Que me queres decir? que se voto auga e sal na sartén sálenme bolas?!!
Ó que ela sentencia:
-Bueno señores! Hai que ser subnormal!
 Ese é o conto da receita. Vendo a miña mai gana moito o conto.
Pois o asunto foi que fumos pa miña casa e fíxen bolas na sartén. Outra delicatessen neste día tan da terra.
 A primeira saléume escachizada.
 A segunda moito mellor! A nota da convidada foi: Riquísimas, moi ricas.
Vese que se sinteu en débeda polo detalle que me dixo:
-A proxima vez vouche facer unha cousa que che vai gustar moito.
A min, que facía tanto tempo que non me decían tal cousa, déume un brinco o corazón e os ollos puxéronseme en branco! pero resultou que falaba de comida... Aínda así ha de merecer a pena.
 Pois isto foi o que deu de sí a camiñata polo Sor. Non deixedes de ir, que non vos tire p'atrás a choiva, un chuvasqueiro e unhas botas e veña! Boas noites! 

8 comentarios:

  1. Fermosa entrada e espectaculares fotografías.
    Non vou cargar con parte da culpa do tema das pedras porque xa che viña de lonxe o tema jajaja
    A túa nai e mai-lo meu pai deben ser primos! jajaja

    ResponderEliminar
  2. Ou eles primos ou nós estar por baixo da raia da normalidade! Alégrome que che guste a entrada coas fotos. Era ben complicado que non saíran fotos fermosas. Está que presta nestes días.
    Sabes que parte da culpa é túa, si. Pero compartida con Raúl é menos culpa. Gracias por pasarte e comentar. A ver se esta semana nos vemos.

    ResponderEliminar
  3. Coincido con Fátima; moi boa entrada e espectaculares as fotos.
    Ocres, marróns, bermellos, granates, laranxas, verdes... a luz regálanos cores y a vida momentos únicos.
    Graciñas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sigamos a luz e descubramos esas cores que antes non vimos. E disfrutemos eses regalo que é a vida, eses momentos únicos e os que se han de repetir tamén. Gracias a ti, por pasarte por aquí, polas túas palabras e por todo.

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. Moitas gracias Belén. A fermosura das fotos veñen dadas pola beleza do lugar.

      Eliminar
  5. Ocres, marróns, vermellos, granates, laranxas, verdes, azuis...
    Choiva, botas, camiños, casas, pedras e historia.
    Pontes, fragas, auga, fontes, carballeiras...
    Refuxios, madeira, musgo e lume.
    Conversas, receitas, risas...
    Privilexio e vida.
    Galicia!

    E despós dis que non estás feito un poeta!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ti si que fas poesía! Eu tan só deixo constancia do que vexo e sinto gracias á cámara e o pouco que daprendín da nosa língua. Mágoa non ter máis recursos, pero cando un ten algo que contar faino do xeito que sexa. Moitas gracias por estar aí. Saúdos!

      Eliminar

Agradécese a vosa opinión.