jueves, 31 de enero de 2013

Nin viño, nin rosas. Días de vento e auga


Non ten que estrañarnos que vente e choiva. Estamos no tempo e no lugar. Mais a natureza sempre está a abraiarnos. Hai unhos días que me levaron ó salto do Belelle (nunca máis lle chamarei cascada despois do aprendido do mestre Kalel no seu bló). E alí confesoume a miña compañeira que se de algo tiña medo era das forzas naturais cando se achegan a certos lindes. Non pensedes que  é meduscas a miña amiga, non. Ó reves, é moi valente.
 Alí debaixo daquela tromba de auga que me encharca, ameaza e emborracha, todos somos iguais. Natura é quen de poñernos no noso lugar. Quizabes que sexa iso o que me gusta, cada un no seu sitio.  E non me refíro a tí, benquerida amiga, que sabes moi ben cal é o teu sitio. 




 Non sei nadar, mais quizabes que isto non faga máis que agrandar a miña atracción pola auga. O perigo  tan gostoso. É pura física, canta máis masa de auga maior atracción. Esa auga do Belelle que me facía sentir coma nun mar de placenta que me envolve, protexe e lanza á vida mesma. Medrei na aldea, ollando sempre ó meu redor, máis para a terra e a auga que para a xente. Por iso cóstame moitas veces entender as reaccións humans, non as anticipo. Pero entendo á madre natura. Estou en armonía, se de algo formo parte é dela. Ela son eu. Cada regato é algo do meu camiño, cada salto de auga é unha aventura á que lanzarse, cada temporal unha ocasión que non debe pasar sin remexernos.







Como estes días datráis tíñamos temporal, aló fun pa baixo de Teixidelo. Un dos meus lugares preferidos, e habendo vento e auga máis aínda. Según comenzo a enfilar a pista medio desfeita que me ha de levar ó mismo mar vaime invadindo un sentir intenso que imaxino parecido ó que poida ter un director de orquesta. Todo ocorre según eu vou maxinando: as nubes, e ahora o vento, e un pouco máis de vento, e un orballo, e o cheiro da herba, e aló o arco da vella, e miro unhas cabras aló ó lonxe, e un recendo a salitre, a mar de verdade. Todo parece ser notas dun himno orquestado, dunha marabillosa sinfonía que leva ó meu corazón a querer saírse do peito. Retumba mai natura dentro de min e penso que nada pode ser mellor.



 Eu maila cadela á mercé dos ventos! que nos empuxen, que nos ladeen, que nos fagan axar! que nos leven daquí p'aló! que non me deixen nin mexar! que me falte o alento de tanto que hai! Alí está o mundo a batuxar en min, a non deixar nada no seu sitio.



Un mar bravo que me quita o medo de todo o cotidián. Nin el me da medo, nin o choupazo que me chegou á cadeira, nin os que viñeron detráis. Cando a auga molla as túas partes máis íntimas xa tanto ten, xa pasou o peor, agora a disfrutar.

                                   



 E  desexo que entre o vento, a choiva e os choupazos me envolvan, e fano! E o salitre seca na miña fronte e nas meixelas e saco a lingua e relámome. A cadela anda a arrolarse na herba que nace pegadiña ó Atlántico, bebendo nun regatiño que chega ós meus pés. E vamos á plaia dos croios, e soa Bob Dylan cantando:
Once upon a time... 
...didn't you?...
...like a rolling stone.
                                 


E veña arrotas! e veña luz! 

E son feliz. O temporal faime feliz. Hame deixar dor de osos, e ó mellor de corazón, pero tanto me ten escoitando a sinfonía de Teixidelo.




Non deixedes pasar o temporal a cuberto. Saíde, alpetrechádevos dabondo e veña a disfrutalo! Que ó mellor non ven outro en todo o inverno. Deixádevos empapar pola escuma, sentide o medo da incerteza. E se non sabedes como, tan só deixade que os músicos apaxeen nos seus instrumentos. E escoitade. Moi boas noites. Apertas.

8 comentarios:

  1. Sentidos a flor de pel nesta Sinfonia de Teixidelo donde as forzas da natureza confabúlanse para facer mais grande ainda o momento. ¡Cheiño de Vida ¡

    ResponderEliminar
  2. Que teñas os sentidos a flor de pel fala moi ben de ti. Non é tanto o que eu aquí escribo e colgo como o que xentiña coma ti ten dentro. Moitas gracias por pararte a ler, unha vez máis, e por deixar evidencia do teu paso; que aínda me aleda máis.

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias Juan, alégrome que che gusten e máis que mo digas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. me gusta còmo consigues transmitir la fuerza del agua! con la palabra y con las fotos.
    mpaz

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegra que te llegue esa fuerza. Más aún estando escrito en gallego, lo que será un poco más difícil para ti. A ver si me animo a hacerlo también en español, aunque ya veo que para la gente con interés no es problema. Encantado de que te pases por este rincón que es el tuyo y que dejes tus palabras. Un bico.

      Eliminar
  5. MUI BOAS SOBRE TODO AS DE LAIKA E A CASCADA DO BELELLE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que vos guste, así como me alegro que pasedes por aquí e comentedes axudando a darlle vida a este curruncho. Moitas gracias.

      Eliminar

Agradécese a vosa opinión.