miércoles, 31 de octubre de 2012

Debaixo da parra

 Xa fai tempo, cando estaba no hospital a recuperarme dun accidente de moto, despóis de tres meses na UCI, cando aínda non sabía que ía recuperar e que ía perder, non quería otra cousa máis que estar debaixo da parra na casa de Rejua e comer das uvas tan doces que da. É unha parra que plantou meu pai.  Fíxolle un emparrado. Debaixo dela mandou facer unha mesa redonda, branca. Con unhos bancos derredor. Precéume entón que comer daquelas uvas era das cousas que merecían a pena de verdade. Nada máis satisfactorio.
 Ás veces esquéceseme o que é importante de verdade. Neste tempo por sorte aínda me quedan os derradeiros racimos. Mañá levareille unhos cantos a meus pais.

domingo, 28 de octubre de 2012

A praia de Abrela. O Vicedo.

O Vicedo
A semana pasada fun ata Viveiro pasarlle a itv á furgalla (seguramente sexa a última que pase...). E ó vir de volta viña disfrutando da paisaxe costeira que desa zona me é descoñecida. Á miña dereita un barco mercante preto da costa, debía de estar esperando a melloría do temporal que ese día golpeaba estas terras. Atopeime con varias sinalizacións dunha praia que eu nunca ouvira. Praia de Abrela. Imaxinei que sería unha pequena praia e pensei que podía darse o caso que entre o mercante e unha praia salvaxe me diran unhas boas fotos. Así que collín o seguinte desvío que volvía a sinalala.


Ó chegar a ela atópome con unha praia máis grande do que eu esperaba, ha de andar polos 500 metros. Unha praia ben fermosa á beira dun pinar. Súmalle beleza o esteiro do río Escurido que tamén da nome a un lugar alí ó pé. Lugar que por certo quedei con ganas de parar nel. A luz axudaba, todo hai que decilo.

Ó que vamos! Ahí teño o mercante, e máis preto un veleiro. Duás maneiras ben distintas de enfrentarse ó mar. Que ben poden ser dúas maneiras de enfrentarse á vida. Tan válida unha coma a outra, de un depende decidir. E pa iso o mellor é ter coñecemento do que a un lle fai feliz. Se a seguridade dunha grande embarcación con patrón de quen sabe que bandeira, con destino prefixado, con un rol aceptado. Ou a aventura dun balandro que viaxa a capricho de ventos, e decide rumbo mercé a medos e valentías moitas veces propias dun tolo.

Pero aínda hai máis! Mentras disfrutaba da praia e sacaba fotos chegaron unhos rapaces envoltos en neopreno. E velaí tes outra meneira de enfrentarse á vida.

Que esquecido e pouco valorado temos o factor lúdico. Pois ó final é o que levamos! Eu reivindico o lúdico como maneira de vida. Hoxe máis que nunca digo que deberíamos dedicar 4 horas diarias ó traballo tal e como o entendemos. E as outras 4 que faltan pa completar a xornada laboral pois que sexan de intercambio lúdico. Que ti sabes tocar a guitarrra?! pois trae a guitarra! Que ti sabes facer unha bizcochada coma aquela que facía túa avoa?! pois trae unha bizcochada! Cada un que dé de sí o que teña dentro, porque algo todos temos. E eu despois cóntoo aquí.

Había moitas máis cousa na praia que merecían a pena, sempre hai moito máis do que vemos ó lonxe. Pero iso pa outro día. Boas noites.

sábado, 20 de octubre de 2012

Benvidos

A vaca
 Comenza esta nova andadura nisto das redes sociais con unha foto xa vista por algunhos noutro lado. Mais  entre a imposibilidade de sair á caza dunha instantánea inédita por mor dunha pequena doenza e o feito de que a foto en si ben merece abrir este blogue aquí temos o retrato do emblema galego. A vaca.
 Na India as vacas son sagradas, en Galicia son felices. Non sei ben cando chegaron a estas terras, pero atrévome a asegurar que son as primeiras pobladoras. Antes incluso que os alcolitros!!! que seica tamén viñeron de fora... Son máis de aquí que nos.
 Debera ter un lugar no escudo galego ó pé dunha nécora. Esta que temos aquí... ben pode falar da Galicia mesma. Entre o mar e a montaña, sempre en risco. Máis é ese risco perpetuo o que forxa o seu carácter. Ben podía estar a comer nun prado, durmir nunha cabana, onde o seu amo lle levase unhos anacos de sobras de pan... Pero ahí a tes! abaixo da Garita da Herbeira donde parten as barcas cara ás illas do máis alá. Entre dous mundos, o dos vivos e o dos mortos, que é onde máis vivo se está.
 Desafiante! Mira ó retratista coa seguridade de saberse no seu terreo. Coa certeza de saber onde está. E coa convicción de que está onde quere estar.
 Boas noites.