A vaca
Comenza esta nova andadura nisto das redes sociais con unha foto xa vista por algunhos noutro lado. Mais entre a imposibilidade de sair á caza dunha instantánea inédita por mor dunha pequena doenza e o feito de que a foto en si ben merece abrir este blogue aquí temos o retrato do emblema galego. A vaca.
Na India as vacas son sagradas, en Galicia son felices. Non sei ben cando chegaron a estas terras, pero atrévome a asegurar que son as primeiras pobladoras. Antes incluso que os alcolitros!!! que seica tamén viñeron de fora... Son máis de aquí que nos.
Debera ter un lugar no escudo galego ó pé dunha nécora. Esta que temos aquí... ben pode falar da Galicia mesma. Entre o mar e a montaña, sempre en risco. Máis é ese risco perpetuo o que forxa o seu carácter. Ben podía estar a comer nun prado, durmir nunha cabana, onde o seu amo lle levase unhos anacos de sobras de pan... Pero ahí a tes! abaixo da Garita da Herbeira donde parten as barcas cara ás illas do máis alá. Entre dous mundos, o dos vivos e o dos mortos, que é onde máis vivo se está.
Desafiante! Mira ó retratista coa seguridade de saberse no seu terreo. Coa certeza de saber onde está. E coa convicción de que está onde quere estar.
Boas noites.
|
Mola, o blog e a foto.
ResponderEliminarGracias Belén, ti sempre ahí!
ResponderEliminarIsto pinta ben,Nes,seguirèmosche a pista!
ResponderEliminarAgradécese Inés!
ResponderEliminar