miércoles, 31 de octubre de 2012

Debaixo da parra

 Xa fai tempo, cando estaba no hospital a recuperarme dun accidente de moto, despóis de tres meses na UCI, cando aínda non sabía que ía recuperar e que ía perder, non quería otra cousa máis que estar debaixo da parra na casa de Rejua e comer das uvas tan doces que da. É unha parra que plantou meu pai.  Fíxolle un emparrado. Debaixo dela mandou facer unha mesa redonda, branca. Con unhos bancos derredor. Precéume entón que comer daquelas uvas era das cousas que merecían a pena de verdade. Nada máis satisfactorio.
 Ás veces esquéceseme o que é importante de verdade. Neste tempo por sorte aínda me quedan os derradeiros racimos. Mañá levareille unhos cantos a meus pais.

6 comentarios:

  1. Carai meu, cada día me sorprendes mais, ese xeito de mirar a vida xa o dicia todo (dígoio polas fotos) e deixaba intuir moito e agora vexo que as miñas impresións non ian moi desencamiñadas...
    20 GALLIFANTES

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polas túas verbas que enriquecen este blog. Os 20 gallifantes vounos colocar nun lugar ben visible pa presumir deles. Gracias de novo.

    ResponderEliminar
  3. Estás feito un poeta, Nes! No día dos mortos isto é un canto á vida. Noraboa!

    ResponderEliminar
  4. Pretendía selo!(o do canto á vida, non o de poeta, que me queda grande). Gracias por pararte a lelo e comentar.

    ResponderEliminar
  5. Esa tamén é a miña filosofía de vida...toda a belleza e o disfrute deste mundo está máis perto do que pensamos só hai que sentilo... pero non ollando ó lonxe senon abrindo ben os ollos ó camiño e a luz. unha aprendiz de iluminada (je,je,jé)

    ResponderEliminar
  6. Be falado Ana. A beleza está nun. Gracias por pasarte por aquí.

    ResponderEliminar

Agradécese a vosa opinión.