É tempo este de perda. É tempo de defuntos. Cae a folla das árbores, muda a pel. Seica o samaín era tempo de atoparse cos espíritos dos antergos falecidos. Ven sendo: tempo de mirar cara a cara ós fantasmas. Todos temos fantasmas. Unhos ben mortos e enterrados e outros que nos visitan con máis frecuencia da que nos quixéramos. A min visitáronme unhos cantos estes días. Boa parte deles tróuxomos unha conversa con unha boa amiga. Esa pregunta molesta que fire: " Pero... estás a gusto?" con esa mirada cómplice que solo pode poñer quen me coñece e coñece a resposta. Unha boa conversadora que deixa que ti converses contigo mesmo. Sen xuzgar. Con moitas risas por medio, que todo o curan e moito axudan. Non hai nada tan sano coma rirse dun mesmo. Era tamén tempo de festa. Unha boa festa. Facían os de Buxainas (xente artista e comprometida de verdade, onde teño amigos e moi bos coñecidos) a I Foliada de Cedeira. Todo un éxito. Eu debera estar alí. Máis non fun quen. Andaba a borear cos meus fantasmas. Non tuven ánimo. Ben sei que me han de entender. Así pois, que veña o vento e leve as follas vellas! Que comence outro ciclo, que eu este xa o quero dar por rematado! Boas noites. |
Ditoso ti que tes a chave para rematar ciclos!
ResponderEliminarTémola todos, pero cerrar ciclos sempre doe...
ResponderEliminarMoi boa reflexión meu, dá justo leerte e sentirte tan cheo de vida.
ResponderEliminar- diras ¿mecajondiola si estou ferido? y eu dijo... Cheiño de vida y facendoio do millor xeito; con humildad.
Apertas jrandes
Alégrome que che guste ler estas cousas que aquí escribo. Esas apertas jrandes reconfórtanme aínda que sexan por escrito. Penso que aínda me debes aljunha en persoa... Gracias por ler e por dar a túa valiosa opinión.
EliminarVai facendo outra entrada rapaz, que a estas horas ajradécese leer cousa boa a caloriña da estufa.
EliminarSó un apunte Meu...as apertas débesmas ti a min; téñocho jardadiño dende Octubro.
Estás de baixón?? eu pensei que a tí non che pasaban estas cousas.Animo e a meditar pero...o xustiño,eh!!
ResponderEliminarNon tal, estou a piques de... aljo! non sei aínda ben que! Gracias polo interés Raquel! Temos pendente un churrasco.
EliminarO churrasco é o de menos o mellor é a parolada.Sempre hai algo nas tuas conversas que me fai pensar e ver as cousas de xeito mais positivo ou menos negativo.Unha aperta ben forte
Eliminar