Non son capaz de intuir de donde pode vir o carácter despectivo de esta expresión: "Vai mamar!" Sendo como é un acto tan tenro, pura entrega por parte da nai, e acto de humildade por parte da criatura. Ocúrresevos algo máis fermoso? Difícil.
Un momento onde se da vida, que non só se da no parto, onde se recibe esta incondicionalmente. Si! así mismo! porque se alguén debe poñer condicións nos casos de entrega absoluta ha de ser quen recibe, non vaia a ser que teñas que pagar pola túa vida con ela mesma.
Decía unha psicóloga, compañeira miña de traballo, que para a muller unha relación sexual tiña connotacións moi diferentes que para un home. Que viña a ser algo así como un encontro. Que a nivel emocional era moi parecido a dar o peito a un recén nacido. Nunha mente masculina iso é difícil de dixerir. Mais se un repara no papel secundario ó que un pai queda relegado mentras o recén achucha no teto, entón xa da que pensar.
E de nós? que hai de nós? Tendo en conta a obsesión que temos polos peitos, non é unha tolemia chegar á conclusión que algo nos queda ahí de buscar a fonte do maná. Cada un pode ter preferencias, pero habendo un peito enfrente non hai quen se resista a dar un achuchón. E é verdade que ata se nos pon un sorriso de neno pequeno. Ben poden ser grandes ou pequenos, caídos ou dos que apuntan de frente, rosadiños inmaculados ou oscurecidos xa por dúas criaturas, xuntiños facendo canle ou virollos que van cada un po seo lado, quentiños pa dar calor ou fríos pa quentalos. Tanto ten! todos nos gustan.
Así pois a próxima vez que me digan "vai mamar!" tentarei facer caso. Boas noites. |
Jaja, precioso.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarTeño que decir que o tema daba pa moito máis. Pero póñome a falar de peitos... e fállame o riego!
ResponderEliminarHa de salir máis veces o asunto... sejuro!
Bos dias Rapaz:
ResponderEliminarcon calma, os fins de semana boto unha ollada a estes "bloges" os que pouco a pouco vou collendo cariño-vicioso ou vicioso-cariño ;digo isto porque pasaron de ser lugar de entretemento e coñecemento a ser un espacio que pon en funcionamento conexións entre a conciencia y a mente.
Sin esperalo, sin buscalo... o pulsador das emocions-sentimentos empeza a parpadear e ponse en roxo:
- pi,pi, pi..
Sonan as alarmas e sereas; transmites Nes.
Noraboa
Moi boas noites. Que afortunado me sinto de poder dar á vez vicio e cariño! Nunca pensei chegar tan lonxe só con unhas fotos e unhas palabras. Que bonita imaxe de alarmas e sereas soando, que ruxan ata o mencer!
EliminarMoitas gracias por pasar por aquí e deixar tan fermosa opinión.