miércoles, 28 de noviembre de 2012

Unha aperta

 Onte díronme e din unha aperta. Era unha aperta pendente, coma tantas outras mostras de cariño que temos ahí esperando . Foi unha aperta sincera, quentiña coma unha raiola de sol. Longa, confortable. Sentía o meu latexar contra do seu corpo e notaba o seu alento. Eu, que son tímido, afloxei. Pero ela dixo que quería máis e volvimos a abrazarnos. Ata que me puido o rubor.
 Mostrarme tímido, tal e como son, non indica distancia con respeto a esta persoa. Ao revés. Quere decir que teño a confianza suficiente como para mostrarme fráxil. Quere decir que me sinto aceptado. As bravuconadas, a falsa seguridade é o que nos separa da xente. Son os xestos auténticos os que nos acercan, quizás máis aínda a nós mismos.
 Ela díxome que precisaba de min esa aperta, unha mostra desa vulnerabilidade que tanto escondemos. Esa aperta faime sentir importante. Iso é, que alguén necesite algo de ti, pasas a ser importante. A día de hoxe valórase tanto a independencia que a confundimos con non precisar dos demáis.
Alí estaba de testigo Javier, que é un tipo discreto, polo que non hai foto disto que vos conto, que para min  foi aljo máis que unha aperta. Boas noites e unha aperta ben forte!

6 comentarios:

  1. Maravillosa festa da vida que empéñase en sorprendernos .¡Bendita sexa! por pillarnos infragantis e desprevenidos e recordarnos que é tempo de abrazar,de amar ou de latexar... aqui, na terra galega, ou en calquera das terras

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, Ana. Sempre é tempo e lugar para compartir emocións, incluso aquí virtualmente.

      Eliminar
  2. Unha aperta doce... cheiña de sentimento fundo.

    ResponderEliminar
  3. Incluso os abrazitos que ás veces nos damos a través da rede social, onde os tímidos atopan o vehículo perfecto para abrazar sen máis, sen ruborizarse, so porque quero e me apetece.
    Un abrazito.
    Atentamente unha admiradora.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eses tamén por suposto. Non sabes ben o querido que eu me sinto cos teus comentarios.
      Pois serás das poucas admiradoras que me quedan, coa delas que tiña en tempos do instituto... tempos aqueles!
      Unha aperta ben forte!

      Eliminar

Agradécese a vosa opinión.