lunes, 10 de diciembre de 2012

Cousas dos mouros na Faladoira

 Ola de novo. Este blog tentaba nun principo ser un vehículo para mostrar as cousas desta terra que eu vou descubrindo ou redescubrindo. Case sempre co filtro da cámara por medio e un sinfín de sentires. Mais unhas doenzas tiveronme alonxado dos meus estimados paseo durante un tempo. Foi entón cando estás páxinas me pedían outra cousa, falar un pouco máis de min, dos meus adentros. E eu dinlle a este blog o que me pedía. Así tentarei que sexa sempre. Con esta entrada volvo a falar dos lugares, volvo a falar da terra, pero sigo a falar de min tamén, sigo a falar de todos nós.
 Nesta semana fun en dúas ocasións á serra da Faladoira, completamente descoñecida para min ata agora. aínda non entendo porqué. Non entendo como nos tempos de hoxe tan amigos que somos de viaxar que téñamos ahí ó lado semellantes lugares, paisaxes e patrimonio e que estén tan esquecidos. Énchesenos a boca falando do Caurel, esbardallando dos Ancares e mentindo sobre O Cebreiro. E cando nos preguntan pola Coriscada, pola Faladoira, polo Xistral, respostamos sin vergoña que nunca alí estivemos. Isto vai cambiar pola miña parte. Non me vou de viaxe a ningún lado ata coñecer o meu redor. As fotos desta entrada non lle  fan xustiza á beleza que eu vin. Pero a cámara anda medio fodida desde que caeu ó río na fervenza do Casón, ou da Cruz, mellor dito, como ben me corrixeu Lino. Pois dende aquela ando trampeando, recortando as fotos onde se ven as manchas que ten no sensor, abrindo todo o que poido o diafragma pa que se noten menos... Trapalladas de aficionados! desta semana non pasa sin levala a que lle fagan unha limpeza.



 Ó asunto. Este día chamoume Raúl pa ir a ver unhas mámoas. E aló fumos! estas fotos son do forno dos mouros, xa anoitecía, mais non por iso lle restaba fermosura ó monumento. Podedes ver o tamaño dos esteos, verdadeiros megalitos. Por hoxe máis nada. Boas noites.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Unha aperta

 Onte díronme e din unha aperta. Era unha aperta pendente, coma tantas outras mostras de cariño que temos ahí esperando . Foi unha aperta sincera, quentiña coma unha raiola de sol. Longa, confortable. Sentía o meu latexar contra do seu corpo e notaba o seu alento. Eu, que son tímido, afloxei. Pero ela dixo que quería máis e volvimos a abrazarnos. Ata que me puido o rubor.
 Mostrarme tímido, tal e como son, non indica distancia con respeto a esta persoa. Ao revés. Quere decir que teño a confianza suficiente como para mostrarme fráxil. Quere decir que me sinto aceptado. As bravuconadas, a falsa seguridade é o que nos separa da xente. Son os xestos auténticos os que nos acercan, quizás máis aínda a nós mismos.
 Ela díxome que precisaba de min esa aperta, unha mostra desa vulnerabilidade que tanto escondemos. Esa aperta faime sentir importante. Iso é, que alguén necesite algo de ti, pasas a ser importante. A día de hoxe valórase tanto a independencia que a confundimos con non precisar dos demáis.
Alí estaba de testigo Javier, que é un tipo discreto, polo que non hai foto disto que vos conto, que para min  foi aljo máis que unha aperta. Boas noites e unha aperta ben forte!

lunes, 19 de noviembre de 2012

Zapatos de piel de caimán

 Un home ha de ser un home desde a cabeza ata os pés. Tanto importa o que teñas na cabeza coma o que poñas nos pés. O estado de ánimo e os zapatos que levas postos manteñen unha relación bidireccional. É decir: do teu estado de ánimo dependen os teus zapatos tanto coma destes depende o teu estado anímico. Déixovos a letra dunha canción de 091, fala por si sola.

Zapatos de piel de caimán


Allí van los muchachos aburridos, las fieras con bozal,
los que están en el camino, los que nada tienen que ocultar.
Allí van con las manos en los bolsillos, los que no miran atrás,
los que visten con armiño, como reyes que no reinarán.


Lo tendréis sí, todo a vuestro alcance pero nada os pertenecerá,
sólo el orgullo de saber haceros bien el nudo en los zapatos de piel de caimán.
Os dirán no saquéis los pies del tiesto, conseguíos un disfraz
y disfrazaros de esqueleto cuando llegue el carnaval.
Os dirán no faltéis al respeto, que razón tenía Kant,
escribid bien los acentos y no os traguéis el humo al fumar.
Lo tendréis sí, todo a vuestro alcance, pero nada os pertenecerá,
sólo el orgullo de saber haceros bien el nudo en los zapatos de piel de caimán.
Me verás, voy buscando un resquicio una puerta sin cerrar,
aprendí el oficio de ser libre capeando el temporal.
Tú dirás que si me quejo es por vicio si te asomas me verás
entre fuegos de artificio naufragando en la ciudad
Lo tendréis sí, todo a vuestro alcance
pero nada os pertenecerá,
sólo el orgullo de saber haceros bien el nudo
en los zapatos de piel de caimán.
José Ignacio Lapido


miércoles, 14 de noviembre de 2012

Vai mamar!

 Non son capaz de intuir de donde pode vir o carácter despectivo de esta expresión: "Vai mamar!" Sendo como é un acto tan tenro, pura entrega por parte da nai, e acto de humildade por parte da criatura. Ocúrresevos algo máis fermoso? Difícil.
 Un momento onde se da vida, que non só se da no parto, onde se recibe esta incondicionalmente. Si! así mismo! porque se alguén debe poñer condicións nos casos de entrega absoluta ha de ser quen recibe, non vaia a ser que teñas que pagar pola túa vida con ela mesma.
 Decía unha psicóloga, compañeira miña de traballo, que para a muller unha relación sexual tiña connotacións moi diferentes que para un home. Que viña a ser algo así como un encontro. Que a nivel emocional era moi parecido a dar o peito a un recén nacido. Nunha mente masculina iso é difícil de dixerir. Mais se un repara no papel secundario ó que un pai queda relegado mentras o recén achucha no teto, entón xa da que pensar.
 E de nós? que hai de nós? Tendo en conta a obsesión que temos polos peitos, non é unha tolemia chegar á conclusión que algo nos queda ahí de buscar a fonte do maná. Cada un pode ter preferencias, pero habendo un peito enfrente non hai quen se resista a dar un achuchón. E é verdade que ata se nos pon un sorriso de neno pequeno. Ben poden ser grandes ou pequenos, caídos ou dos que apuntan de frente, rosadiños inmaculados ou oscurecidos xa por dúas criaturas, xuntiños facendo canle ou virollos que van cada un po seo lado, quentiños pa dar calor ou fríos pa quentalos. Tanto ten! todos nos gustan.
 Así pois a próxima vez que me digan "vai mamar!" tentarei facer caso. Boas noites.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Pasou o samaín

 É tempo este de perda. É tempo de defuntos. Cae a folla das árbores, muda a pel. Seica o samaín era tempo de atoparse cos espíritos dos antergos falecidos. Ven sendo: tempo de mirar cara a cara ós fantasmas. Todos temos fantasmas. Unhos ben mortos e enterrados e outros que nos visitan con máis frecuencia da que nos quixéramos.
 A min visitáronme unhos cantos estes días. Boa parte deles tróuxomos unha conversa con unha boa amiga. Esa pregunta molesta que fire: " Pero... estás a gusto?" con esa mirada cómplice que solo pode poñer quen me coñece e coñece a resposta. Unha boa conversadora que deixa que ti converses contigo mesmo. Sen xuzgar. Con moitas risas por medio, que todo o curan e moito axudan. Non hai nada tan sano coma rirse dun mesmo.
 Era tamén tempo de festa. Unha boa festa. Facían os de Buxainas (xente artista e comprometida de verdade, onde teño amigos e moi bos coñecidos) a I Foliada de Cedeira. Todo un éxito. Eu debera estar alí. Máis non fun quen. Andaba a borear cos meus fantasmas. Non tuven ánimo. Ben sei que me han de entender.
 Así pois, que veña o vento e leve as follas vellas! Que comence outro ciclo, que eu este xa o quero dar por rematado! Boas noites.

miércoles, 31 de octubre de 2012

Debaixo da parra

 Xa fai tempo, cando estaba no hospital a recuperarme dun accidente de moto, despóis de tres meses na UCI, cando aínda non sabía que ía recuperar e que ía perder, non quería otra cousa máis que estar debaixo da parra na casa de Rejua e comer das uvas tan doces que da. É unha parra que plantou meu pai.  Fíxolle un emparrado. Debaixo dela mandou facer unha mesa redonda, branca. Con unhos bancos derredor. Precéume entón que comer daquelas uvas era das cousas que merecían a pena de verdade. Nada máis satisfactorio.
 Ás veces esquéceseme o que é importante de verdade. Neste tempo por sorte aínda me quedan os derradeiros racimos. Mañá levareille unhos cantos a meus pais.

domingo, 28 de octubre de 2012

A praia de Abrela. O Vicedo.

O Vicedo
A semana pasada fun ata Viveiro pasarlle a itv á furgalla (seguramente sexa a última que pase...). E ó vir de volta viña disfrutando da paisaxe costeira que desa zona me é descoñecida. Á miña dereita un barco mercante preto da costa, debía de estar esperando a melloría do temporal que ese día golpeaba estas terras. Atopeime con varias sinalizacións dunha praia que eu nunca ouvira. Praia de Abrela. Imaxinei que sería unha pequena praia e pensei que podía darse o caso que entre o mercante e unha praia salvaxe me diran unhas boas fotos. Así que collín o seguinte desvío que volvía a sinalala.


Ó chegar a ela atópome con unha praia máis grande do que eu esperaba, ha de andar polos 500 metros. Unha praia ben fermosa á beira dun pinar. Súmalle beleza o esteiro do río Escurido que tamén da nome a un lugar alí ó pé. Lugar que por certo quedei con ganas de parar nel. A luz axudaba, todo hai que decilo.

Ó que vamos! Ahí teño o mercante, e máis preto un veleiro. Duás maneiras ben distintas de enfrentarse ó mar. Que ben poden ser dúas maneiras de enfrentarse á vida. Tan válida unha coma a outra, de un depende decidir. E pa iso o mellor é ter coñecemento do que a un lle fai feliz. Se a seguridade dunha grande embarcación con patrón de quen sabe que bandeira, con destino prefixado, con un rol aceptado. Ou a aventura dun balandro que viaxa a capricho de ventos, e decide rumbo mercé a medos e valentías moitas veces propias dun tolo.

Pero aínda hai máis! Mentras disfrutaba da praia e sacaba fotos chegaron unhos rapaces envoltos en neopreno. E velaí tes outra meneira de enfrentarse á vida.

Que esquecido e pouco valorado temos o factor lúdico. Pois ó final é o que levamos! Eu reivindico o lúdico como maneira de vida. Hoxe máis que nunca digo que deberíamos dedicar 4 horas diarias ó traballo tal e como o entendemos. E as outras 4 que faltan pa completar a xornada laboral pois que sexan de intercambio lúdico. Que ti sabes tocar a guitarrra?! pois trae a guitarra! Que ti sabes facer unha bizcochada coma aquela que facía túa avoa?! pois trae unha bizcochada! Cada un que dé de sí o que teña dentro, porque algo todos temos. E eu despois cóntoo aquí.

Había moitas máis cousa na praia que merecían a pena, sempre hai moito máis do que vemos ó lonxe. Pero iso pa outro día. Boas noites.

sábado, 20 de octubre de 2012

Benvidos

A vaca
 Comenza esta nova andadura nisto das redes sociais con unha foto xa vista por algunhos noutro lado. Mais  entre a imposibilidade de sair á caza dunha instantánea inédita por mor dunha pequena doenza e o feito de que a foto en si ben merece abrir este blogue aquí temos o retrato do emblema galego. A vaca.
 Na India as vacas son sagradas, en Galicia son felices. Non sei ben cando chegaron a estas terras, pero atrévome a asegurar que son as primeiras pobladoras. Antes incluso que os alcolitros!!! que seica tamén viñeron de fora... Son máis de aquí que nos.
 Debera ter un lugar no escudo galego ó pé dunha nécora. Esta que temos aquí... ben pode falar da Galicia mesma. Entre o mar e a montaña, sempre en risco. Máis é ese risco perpetuo o que forxa o seu carácter. Ben podía estar a comer nun prado, durmir nunha cabana, onde o seu amo lle levase unhos anacos de sobras de pan... Pero ahí a tes! abaixo da Garita da Herbeira donde parten as barcas cara ás illas do máis alá. Entre dous mundos, o dos vivos e o dos mortos, que é onde máis vivo se está.
 Desafiante! Mira ó retratista coa seguridade de saberse no seu terreo. Coa certeza de saber onde está. E coa convicción de que está onde quere estar.
 Boas noites.